martes, octubre 20, 2009

INCAPACIDADE MANIFESTA DO EQUIPO REITORAL PARA XESTIONAR O PERSOAL LABORAL



CCOO da UDC ¡DENUNCIA!


En xaneiro cúmpren seis anos, desde que tomara posesión o actual equipo de goberno da UDC. Seis anos nos que obxectivamente, as sucesivas xerencias foron incapaces de poñer en marcha un proceso selectivo para cubrir o 50% dos postos de traballo do cadro de persoal laboral.

Pódense esgrimir moitas excusas, pero a realidade obxectiva é así de dura. Mais da metade do cadro de persoal laboral, está en situación precaria pola incapacidade do goberno da UDC para impulsar un proceso que xa non tén disculpa.

Por iso pensamos que ¡seis anos de obxectiva inoperancia, merecen unha chamada de atención.!

IRRESPONSABILIDADE MANIFESTA NA XESTIÓN DAS RPT.

Podemos entender que as revisións de conxunto da RPT, se periodizen en dous anos, pero non podemos entender que:

-Por non facer modificacións puntuais cando son necesarias, se manteñan postos de traballo con rotacións cada seis meses e contratos de acumulación de tarefas, en auténtica situación de fraude de lei (peor se cabe que os contratos por obra ou servicio)
-Que nin siquera os periodos de dous anos se respecten, superando xa os catro anos.
-Que da RPT de 2005 somentes se teña executado ¡despois de mais de catro anos! un concurso de traslados e estea pendente todo o demais.
-¡Servicios mal atendidos e sin persoal, por auténtica desidia da xerencia!
-¡Xustificación de externalizacións, que en realidade son a consecuencia da falta dun mínimo de eficiencia e axilidade na xestión por parte da xerencia!.

TRATAMENTO DISCRIMINATORIO DA XESTIÓN DO PERSOAL LABORAL.

Asi mentras o persoal funcionario ten medianamente regularizados os procesos selectivos que foron reiterados ao longo dos case seis anos deste goberno, co persoal laboral, siguen esgrimíndose disculpas varias para xustificar a inexistencia dun calendario que poña fin a esta situación.



CCOO PROPOÑEMOS:

QUE DUNHA VEZ SE NEGOCIE E SE ESTABLEZA UN CALENDARIO RAZONABLE SOBRE OS PROCESOS DE XESTIÓN DO PERSOAL LABORAL:
-Convocatoria dos procesos de promoción da RPT de 2005.
-Convocatorias de todas as vacantes da RPT de 2005.
-Revisión da RPT.
-Regulación acordada da periodicidade das convocatorias de concurso e procesos de acceso externo.

QUE A XERENCIA CUMPRA COA SUA OBRIGA DE UTILIZAR AS MODIFICACIÓNS PUNTUAIS DA RPT COMO UN INSTRUMENTO ORDINARIO DE XESTIÓN.
-Para garantizar o funcionamento dos servicios
-Para evitar o abuso de modalidades de contratación cando menos irregulares.

QUE DE MANEIRA DIALOGADA SE DEFINAN AS ACTIVIDADES SUSCEPTIBLES DE SER REALIZADAS POR PERSONAS O SERVICIOS EXTERNOS.
-Para que non se produzan abusos das asistencias técnicas.
-Para facer transparente a xestión e crarexar as garantías xurídicas do PAS.

Etiquetas:


Comments: Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?