martes, mayo 19, 2009

Privatizacións en xeral e do servicio de atención telefónica


A Sección Sindical de CCOO da UDC, diante do comunicado do sindicato CUT que fai referencia ás privatizacións en xeral e do servicio de atención telefónica en particular, fai pública a seguinte posición:


CCOO rexeita con carácter xeral a privatización de servicios e defende a xestión directa como modelo de garantía dos dereitos dos cidadáns. Pero diante de feitos consumados, CCOO defenderá tamén os dereitos de todos os traballadores, sexa cal sexa a súa dependencia xurídica.

CCOO non ten participado en pacto político ningún con ningunha candidatura para as eleccións políticas na UDC. CCOO estará como organización sindical na defensa dos intereses dos traballadores e chegará aos pactos que correspondan nos ámbitos de negociación establecidos ao efecto, sexa quen sexa o governo da UDC.

CCOO expresa o máximo respecto pola vinculación política ou sindical que individualmente teñan os membros do equipo reitoral, pero na esixencia dunha xestión pública de calidade e de respecto aos dereitos dos empregados da Universidade, estaremos sempre na primeira liña. A xestión pública debe estar presidida polos principios de neutralidade, independencia e imparcialidade, e na esixencia dese cumprimento, sempre estaremos.

En relación ao contido do devandito comunicado, ignoramos se o equipo de governo actual se compón ou non de “progres”, e de feito danos bastante igual. Preferimos non poñer etiquetas e valorar os feitos, criticando e denunciando todo o que nos pareza negativo e inaxeitado para o colectivo.

No mesmo comunicado dise que os sindicatos “non podemos meternos debaixo das mesas”. Pois ben, na reunión do comité de empresa previa a celebración das últimas asambleas, C.C.O.O. manifestou a súa preocupación ante unha situación que non se estaba a atender que nos parece moi grave, como e a da proliferacion e abuso das contratacións irregulares: becas e contratos con cargo a proxectos, e a externalizacion de facto de servizos.

Ante esta circunstancia comentada por C.C.O.O., a totalidade dos sindicatos representados no comité de empresa acordou solicitar ao Xerente unha xuntanza para discutir estes temas, e estamos agora agardando a que este se digne convocarnos. Volveremos a mirar, pero de momento non atopamos a ningun compañeiro debaixo de ningunha mesa.

Agora, segundo parece, seremos convocados polo CUT para propopoñer o que xa estaba proposto, e decidir as accións a tomar, cando curiosamente a primeira delas, da que non se informa nese comunicado, xa estaba decidida.

Os compañeiros de CCOO no Comité de empresa, consideramos que neste como noutros temas, é importante propiciar unha unidade de acción das organizacións sindicais, para ter un mínimo de efectividade. Por esa razón propuxemos no seu momento tratar este asunto das privatizacións nunha xuntanza do Comité. Se o Presidente do Comité de empresa prefire actuar como representante do seu sindicato, e tentar de ocultar o traballo dos demais, e a súa libertade. Nos non podemos compartir ese xeito de facer as cousas e se se quere aplicar o rodillo organizativo, de novo é a súa libertade, pero seguramente non se garantirá dese xeito o desexable grao de acordo na defensa dos intereses colectivos.

Etiquetas:


Comments: Publicar un comentario

Links to this post:

Crear un enlace



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?