jueves, abril 02, 2009

SOBRE A MOBILIDADE DOS FUNCIONARIOS






A mobilidade dos funcionarios é un dereito que que xa se recollía na Lei 30/84, e que é recoñecido expresamente para o persoal das universidades no artigo 76 bis.2 da LEY ORGÁNICA 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades:

“2. Las universidades promoverán las condiciones para que el personal de administración y servicios pueda desempeñar sus funciones en universidades distintas de la de origen. A tal fin, podrán formalizarse convenios entre las universidades o con otras Administraciones públicas que garanticen el derecho a la movilidad de su respectivo personal bajo el principio de reciprocidad.”

Nas tres universidades galegas contamos con traballadores que se desprazan a diario distancias importantes, ou ben teñen que sacrificar a súa vida persoal e familiar, á parte da súa economía, para fixar unha segunda residencia.

Para solucionar este problema negociouse o “acordo de mobilidade” actualmente en vigor, pero na práctica móstrase totalmente inoperativo (a única mobilidade de traballadores que houbo foi á marxe deste acordo e cun procedemento extraordinario)

Proposta de CC.OO:

Establecer un novo acordo de mobilidade entre as tres universidades galegas, baseado en ofrecer as vacantes que resulten dos concursos internos de cada universidade ás outras dúas universidades galegas. Isto é o que ven funcionando noutras administracións do Estado que establecen convenios de mobilidade que conseguen os seus obxectivos de maneira precisa.

Etiquetas:


Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?