martes, junio 24, 2008

SECCION SINDICAL DA UDC.
ccoo@udc.es
http://www.ccooensino.net/
http://www.ccooudc.blogspot.com/


CONCRETANDO EN POSITIVO


Para escomezar, CC.OO fai públicas as súas propostas humildemente co ánimo de que sexan útiles para os traballadores da UDC. Agradecemos de verdade a consideración que están merecendo, incluso para os que seguro que de boa fé, fan delas obxecto de escarnio público.

En segundo lugar, tal e como están as cousas, CC.OO. para o ámbito de persoal laboral, fai públicas as seguintes posicións:

a) Convocar eleccións sindicais para o Comité de empresa de PAS, para iniciar o proceso o dia 10 de setembro (trátase de que o proceso non interfira co periodo vacacional).(CC.OO dacordo coas outras organizacións sindicais, xa pressentou o correspondente preaviso con data 23 de xuño)

b) A situación actual, require dunha reformulación en profundidade na liña que apuntabamos no comunicado anterior, e polo tanto é preciso acomete-la con unha representatividade froito das eleccións e sin que se sementen dúbidas sobre a lexitimidade das negociacións. (O Comité podería estar constituido cara á última quincena de outubro).

c) E preciso retomar a negociación do Convenio colectivo como primeira medida, para recoñecer ao persoal interino, unhas condicións de acceso acordes co que se está a facer na maioría dos sitios e en consonancia tanto coa importancia que tén cuantitativamente, como cos elevados periodos de interinidade dos que non son culpables. A proposta de CC.OO xa se concretou. Tamén é preciso clarexar a aplicación da Disposición Transitoria 2ª.

d) A demora das negociacións ata mediados de outubro, cando a RPT leva un ano de retraso non imputable ao Comité de empresa, e as convocatorias de cobertura de vacantes levan varios anos; non debería de ser un problema.
Un retraso máximo de dous meses respecto da previsión mais optimista posible, non parece que deba considerarse un quebranto grave para o persoal fixo con expectativas de promoción. Nada impide que as organizacións sindicais traballemos no tempo que temos hasta que se constitúa o Comité, para ter unha postura unitaria que facilite e axilice a negociación futura.

e) Non é a nosa intención xenerar polémicas estériles, senón facer propostas viables e útiles para o conxunto dos traballadores. Lóxicamente terán que encaixarse nas propostas de síntese da maioría no ámbito da negociación. Con este espíritu, e coa vontade de chegar a acordos co resto das Organizacións, é co que pretendemos traballar.

f) Agradecemos as achegas individuais ou dúbidas que se fagan chegar de forma nominada ao noso correo electronico. Serán tidas en conta e todas respostadas persoalmente. Aos anónimos non responderemos.

g) Opinamos que o mellor servizo que podemos prestar aos compañeiros, é o de traballar por sacar as cousas adiante da mellor maneira posible, informar do que facemos e escoitar as súas críticas e suxerencias. Creemos que un ambiente de desconfianza e de crispación non é útil para o conxunto dos traballadores, ainda que é posible que algúns pretendan por esa via o seu propio beneficio.




Xuño de 2008.

viernes, junio 13, 2008





SECCION SINDICAL DA UDC.
ccoo@udc.es
http://www.ccooensino.net/
http://www.ccooudc.blogspot.com/






PROPOSTAS EN POSITIVO PARA O PAS-LABORAL

1.- Sobre a situación da representación dos traballadores.

Como consecuencia da dimisión do Comité de empresa e da renuncia presentada por todos os membros das candidaturas, ninguén tomou posesión dos postos deixados polos dimisionarios, e polo tanto siguen en funcións ata que haxa un novo Comité de empresa saido dunhas novas eleccións.
E certo que un Comité en funcións, debería limitar a súa actividade exclusivamente a cuestións de xestión ordinaria.

2.- Sobre a negociación dos temas pendientes.-

¿Deben paralizarse todos os procesos pendientes como consecuencia da dimisión do Comité?. Desde o noso punto de vista non. As organizacións sindicais presentes no Comité de empresa, teñen en virtude da Ley orgánica de libertade sindical, legitimación suficiente para negociar. Isto é xusto o que teñen que facer.

3.- Sobre a Convocatoria de vacantes.-

E momento de reflexionar sobre o sentido das convocatorias que se van facer.
Mais de catro anos sin promover unha soa convocatoria. Persoas interinas con mais de dez anos de antiguidade. A maioría das administracións que contempla os mal chamados procesos de consolidación de emprego, debennos facer reflexionar.
Os intentos anteriores que se fixeron de axilizar os procesos, foron suficientemente frustrantes para todos, o que aconsella facer as cousas con tento.
Propoñemos para a súa valoración, as seguintes cuestións:
1.- Acometer a revisión do Convenio colectivo, e valorar os méritos de concurso, con un peso relativo do 40% (30% servizos prestados e 10% formación) e elevando o número de anos para chegar ao máximo da puntuación a 8 como mínimo. Esta sería unha valoración de carácter extraordinario para esta convocatoria, xustificada pola elevada duración da temporalidade e a proporción de persoal laboral temporal. Unha vez regularizada a periodicidade nas sucesivas convocatorias, retornaríase ao sistema previsto no actual Convenio ou no que se acorde.
2.- Acordar unha fórmula legal que permita a aplicación da Disposición transitoria segunda e convocar os procesos de promoción previstos nela.
3.- Dar cumprimento aos compromisos de execución da RPT de 2005 en materia de promocións.
4.- Acordar un calendario de convocatorias serio, creible e verificable.
5.- Revisión e actualización de todos os temarios, con carácter previo ás convocatorias.

4.- Sobre o proceso de funcionarización.-

En primeiro lugar: CC.OO traballou para conquerir un acordo para a funcionarización, porque entendemos que conformar un ámbito único de xestión e negociación é unha oportunidade. Tamén entendemos que axilizar os procesos resultaba positivo e no conxunto as repercusións negativas eran escasas.
Pero os resultados da consulta hai que respetalos. Entendemos que como colectivo de traballadores un proceso conxunto, pactado entre todas as partes afectadas, tiña evidentes vantaxes para todo o mundo, pero se a opinión maioritaria é contraria, entendemos que a vía da imposición non favorece a ninguén.
Agora bén; a funcionarización como obxectivo tén diferentes significados para diferentes colectivos, e por outro lado, a administración da UDC, en aplicación do EBEP, pode funcionarizar determinados postos por imperativo legal, ante o cal pouco temos que facer.

Entendemos que agora como antes a prioridade fundamental consiste en acabar con esta precariedade vergoñenta, nas mellores condicións posibles para os traballadores e traballadores que levan tantos anos en situación indesexable.

O chamado “dereito individual de funcionarización”, non tén encaixe legal de ningún tipo, e podería supoñer unha fonte de arbitrariedade.

Outra cousa bén distinta, é que haxa unha demostración manifesta de que mudou o criterio maioritario respecto do resultado da consulta. Se fose patente esa mudanza, debería retomarse de inmediato o proceso aparcado.

En calquera caso, CC.OO. propoñemos retomar como base de partida no futuro, o acordo non ratificado, na medida en que nos sigue parecendo interesante e froito dun traballo de consenso que non se debería desaproveitar. Por suposto que haberá que adaptalo ás novas circunstancias.


5.- Sobre o Convenio Colectivo.-

Disposición transitoria segunda. Creemos que hai que concretar os compromisos de promoción e introducir na modificación da RPT, as previsións precisas para que dita promoción sexa posible dacordo coa legalidade e sin establecer agravios comparativos con outras categorías e colectivos profesionais. Hai que procurar solucións imaginativas.

Unha posible fórmula, sería a definición de categorías novas, con actualización de competencias profesionais explícitas.

Somos contrarios a procesos de reclasificación xeneralizadas por categorías, por ser contrarios ao espíritu do Convenio e impropios dunha administración pública.

Entendemos que hai que perfeccionar a redacción de todas as disposicións transitorias e adicionais, para que quede perfectamente craro o sentido do que queren regular.

Polo que respecta a cuestión salarial, as nosas propostas serían as seguintes:

-Crecemento generalizado do IPC tal e como está acordado no propio Convenio.

-Traballar no horizonte dunha harmonización salarial laborais-funcionarios, na liña da estructura marcada no preacordo para a funcionarización.

-Incremento dos salarios das categorías laborais que ata este momento están por debaixo do preacordo , en concreto: Técnico coordinador de deportes, Arquitecto, Técnico en comunicación, Técnico en teleformación, Técnico en deportes, Tecnico en I+D.




¡SEGUIREMOS PROPOÑENDO EN POSITIVO!








miércoles, junio 04, 2008

SECCION SINDICAL DA UDC.
ccoo@udc.es
Blog: http://www.ccooudc.blogspot.com/



PROPOSTAS DE CC.OO. NA XUNTA DE PERSOAL

As delegadas de CC.OO. na Xunta de Persoal, presentaron para o seu debate na xuntanza do dia 9, as seguintes cuestións:

1.- Subasta de material descatalogado de mobiliario y equipamento.

Propoñemos que este material sexa subastado entre os membros da comunidade universitaria, tal e como se fai noutras universidades ou administracións.

Esto suporía que sen prexuizo para o interes público, solucionaría o problema de saturación dos depósitos e sería unha posibilidade de adquisición de material útil a un bo precio para os integrantes da Comunidade Universitaria.

2.- Complemento de productividade.

O desconto no complemento de productividade vinculado ao disfrute de dereitos, representa un estímulo negativo para o exercicio destes, carente de todo sentido. Tamén aquí é preciso traballar na dirección de utilizar criterios homoxéneos de tratamento do persoal laboral e funcionario.

A instrucción debería ser revisada en profundidade, pero moi particularmente nas seguintes cuestións:

-A penalización do exercicio dos dereitos derivados da maternidade, paternidade e a conciliación da vida laboral e familiar.

-A penalización negativa en tempo de formación.


As delegadas de CC.OO. seguiremos traballando arreo para defendermos aquelas cuestións que sexan útiles para o conxunto do funcionariado da UDC.

lunes, junio 02, 2008

SECCION SINDICAL DA UDC.
ccoo@udc.es
Blog: http://www.ccooudc.blogspot.com/


SERVIZOS INFORMATICOS.

SEGUIMOS NA MESMA.



1º.- Os feitos.-

Esta reitoría emulando vellas prácticas no seu dia criticadas, recupera aos “docentes” a dedo, como “solución máxica”. Chega o docente investido de autoridade, e fai e desfai ao seu antoxo, desprecia todo tipo de prudencia e de garantia dos dereitos dos profesionais, e remove a organización e os traballadores de xeito arbitrario e caprichoso, como se as regras non fosen con él.

A profesionalización da xestión universitaria será un dos principais obxectivos da nosa acción de goberno. A existencia de estruturas administrativas profesionalizadas que permanezan con independencia dos sucesivos equipos de goberno é o primeiro paso para lograr unha administración moderna, eficaz e operativa, unha administración de calidade que realice un aproveitamento óptimo dos recursos e que redunde no desenvolvemento dunha docencia e dunha investigación de calidade. (Compromiso electoral do Rector que se pode contrastar na web).

A xuzgar polos feitos, o párrafo anterior parece que xa está esquencido.

Chama poderosamente a atención, que o reitor renegue do Consello de Dirección dos SIC que el mismo promoviu. Agora os seus colaboradores din que non existe. ¿Pouco compromison non?.

2.- Os dereitos dos traballadores.-

Os traballadores teñen un Convenio colectivo que establece que o sistema de provisión de postos é o concurso. A Universidade é unha Administración pública, e como tal está sometida ao imperio da lei. Todo isto ao adxunto docente, non lle soa. Por suposto a estructura previa que serviu de base para a provisión dos postos, e algo que para o adxunto docente non existe.

3.- A funcionalidade do servizo.-

Para o adxunto docente, non parece que interese tanto a funcionalidade real do servizo, como a “súa” funcionalidade ideal, que “impón” sin contar con ningúen e esquencendo que hai persoas coas que actuando de modo racional, debería de contarse.


4.- Colaboradores necesarios.-

Pero o adxunto docente, por mais que pareza un paracaidista rampante e temerario, é o emisario do reitor. Xa o diciamos ao primeiro. O reitor esquence os seus compromisos, e nin diálogo nin racionalidade nin nada. Pón ao dispor do emisario toda a estructura superior, para darlle cobertura e permitirlle actuar arbitraria e impunemente. Mala maneira de motivar aos profesionais.

5.- A maxia dos bolseiros.-

Unha ollada ás convocatorias de bolsas de colaboración para servizos informáticos en diversas unidades, (moi singularmente na vicereitoría de extensión universitaria) inducen a sospeitar que hai un auténtico abuso das bolsas como sistema, ou dos bolseiros.
Se de verdade se cumpre o regulamento de bolseiros ¿Qué fan?. Se pola contra non se cumpre o regulamento, non estamos unha vez mais fronte ao escándalo permanente da utilización indebida e fraudulenta da figura dos bolseiros.

Desde CC.OO. seguiremos impulsando o diálogo como o mellor camiño para o encontro e a mellora dos servizos, pero se non hai vontade, utilizaremos a denuncia como forma de expresión.


Seguiremos informando.

SECCION SINDICAL DA UDC.
ccoo@udc.es
Blog: http://www.ccooudc.blogspot.com/




SOBRE A CONVOCATORIA DE VACANTES DE PERSOAL LABORAL.

1.- Situación de escándalo.-

Que en torno a un 50% dos postos de traballo de persoal laboral estean cubertos por persoal interino ou temporal e unha situación impresentable que por outro lado xenera graves problemas de xestión.

Que unha parte importante deses postos, leven mais de dez anos nesta situación, indica a responsabilidade compartida polos sucesivos governos da UDC, e demostran a incapacidade ou falla de interés por resolver a cuestión.

2.- Compromisos adquiridos.-

A xerencia comprometiuse reiteradamente co Comité dimisionario a convocar todas as categorías antes do 30 de xuño de 2008. Obsérvase non só un grave incumprimento dos compromisos, senón unha falla de interés polas cuestións que afectan ao persoal laboral.

Nos últimos catro anos, axilizaronse os procesos de persoal funcionario, e o mesmo debería de facerse coa plantilla de persoal laboral. Non parece ser esa a idea da reitoría ou da Xerencia, cando seguen a poñerse disculpas dilatorias.

CC.OO. denunciará reiteradamente esta desidia que está a causar un grave prexuizo aos traballadores e a credibilidade dos seus representantes.

3.- Actualización das propostas.-

A Convocatoria das vacantes regulada polo actual Convenio Colectivo, é manifestamente obsoleta, pois a súa aplicación supón unha auténtica discriminación en relación con outras administracións similares. A modificación da Lei de Función Pública de Galicia e bó exemplo, pero hai outros que podemos atopar nas convocatorias de outras Universidades.

A idea de que os servizos prestados teñan un escaso peso na convocatoria, compartímola nunha situación de normalidade de convocatorias. Pero a situación extraordinaria actual, con interinidades de mais de dez anos, requírese dunha consideración extraordinaria, como asimismo prevé o Estatuto básico do empregado público.

Propoñemos a modificación do Convenio Colectivo no que fai referencia ás convocatorias, na que se contemple un incremento do peso da valoración de méritos, que pase do 30% ao 40%, e onde o 35% sexa servizos prestados e o 5% formación. Propoñemos ademais, que se incremente o número de anos para acadar a máxima puntuación por servizos prestados sexa como mínimo de 8, entendendo que é mais xusto e equitativo.

Con esta proposta, cómprese coa normativa vixente, non se prexudica a ninguén e se no futuro se regulariza a situación como sería desexable, pódese modificar en consonancia coa realidade actualizada.

Xa que se van a dilatar unha vez mais os prazos, quizais sería mellor facer as cousas ben.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?