miércoles, mayo 09, 2007

Pas laboral: resumo xuntanza co xerente


RESUMO DA XUNTANZA MANTIDA POLO PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA COA XERENCIA O DIA 4 DE MAIO DE 2007


A xuntanza prodúcese a petición do Comité e, ademais da presentación formal dos membros do mesmo, tratáronse as seguintes cuestións:

1.-MEDIDAS DISCIPLINARIAS.

A Xerencia da conta da situación das medidas disciplinarias que fan referencia a dous casos concretos dos que obviamente non procede dar nomes.

3.-COBERTURA TEMPORAL DE POSTOS POR BAIXAS

En relación coa cobertura do posto de técnico superior en microscopia no SAI, a Xerencia comprometese a elaborar unha listaxe para a cobertura do mesmo de xeito inmediato. A mesma solución van darlle ao caso dun posto de delineante.

4.- CONCURSO DE TRASLADOS

Coméntase pola Xerencia as poucas solicitudes que se fixeran, e en consecuencia, a axilidade coa que podería resolverse, de non ser porque e preciso agardar a resolución do concurso de coordinadores de informática por mor das resultas.

5.- CONCURSO DE POSTOS DE COORDINADORES DE INFORMATICA.-

Dadas as discrepancias que xurdiron entre diversas persoas interesadas, a Xerencia, dado que se trata dun grupo reducido con intereses moi concretos, propón unha xuntanza con eles á que asista un representante de cada organización sindical con presencia no Comité de Empresa, coa finalidade de procurar unha solución o mais aceptable posible. Dita xuntanza terá lugar o luns día 6 as 13 horas.

6.- VACACIONS PERSOAL INTERINO.-

A xerencia informa de que comunicará a posibilidade de gozar do período completo de vacacións, previa autorización escrita e asinada polo interesado, para descontarlle da ultima nómina o importe correspondente aos días que gozase a maiores, de ser o caso.

7.- REPARTO DOS POSTOS DA OPE.-

A xerencia comprométese a revisar a proposta de reparto dos postos de quenda libre e promoción interna, de xeito que se respecte escrupulosamente o que establece o Convenio Colectivo.

8.- TEMARIOS.-

A xerencia comprométese a remitirlle ao Comité os temarios nun prazo breve, para a súa revisión e axilizar no posible a súa publicación.

9.- COMISION DE FUNCIONARIZACION.-

Esta prevista unha xuntanza para o día 21 de maio as 9, a que os asistentes deberan achegar algunha proposta que permita avanzar tanto na clarificación do proceso, como no seu artellamento e calendario.

10.- PROCESOS DE PROMOCION INTERNA SEN MOBILIDADE.-

A Xerencia informa de que os procesos de promoción tanto de técnicos de laboratorio, como os de telefonistas que están previstos no Convenio, se acometeran de inmediato.

11.- TECNICOS DE LABORATORIO.-

A Universidade vai facer efectivos os salarios adebedados, entendendo que a sentenza xudicial recoñece un dereito. Saudamos que aínda que con certo retraso, se faga xustiza. A sentenza que recoñece este dereito, e o resultado dunha demanda presentada por CC.OO. e polo tanto estamos satisfeitos de ser útiles, e de que se lle aplique a todos os afectados.

Etiquetas:


Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?