miércoles, abril 25, 2007

1º de maio. Manifestación unitaria CC.OO. - UGT

SALIDA AS 12.00h DA PRAZA DA PALLOZA


«POLA IGUALDADE. EMPREGO DE CALIDADE»
Por unha orde mundial máis xusta e en paz
O S. N. de CC.OO. de Galicia estamos:

POLOS DEREITOS HUMANOS E A LIBERDADE NO MUNDO
Como parte do movemento sindical internacional, loitamos contra as violacións
dos dereitos laborais sindicais e civís dos pobos.
As CCOO continuamos a reclamar a fin da guerra de Iraq, esixindo a
intervención activa da comunidade internacional para buscar saídas viables e
pacíficas a este e outros conflitos enquistados, como os que afectan aos pobos
saharauí e palestino.

COA CONFEDERACIÓN EUROPEA DE SINDICATOS,
EN DEFENSA DA EUROPA SOCIAL
Dos modelos existentes hoxe, só o europeo ten como principio o benestar social.
Un modelo europeo no que as CCOO, como membro da CES, apostan por
ampliar e defender os dereitos fundamentais dos traballadores e traballadoras e
da cidadanía.
Fronte a aqueles que queren unha Europa onde se reduza cada vez máis a
presenza dos servizos públicos, as CCOO apostamos polo seu afianzamento e
defendemos a Europa social.
Cremos que é necesaria máis democracia para máis Europa.

POLA DEFENSA DA IGUALDADE, DO EMPREGO DE CALIDADE,
DE SALARIOS DIGNOS E DOS SERVIZOS PÚBLICOS
Hoxe, en Galicia e en España, estase a crear emprego pero moitos destes
empregos son precarios: manteñen as desigualdades no mercado de traballo e
unha inxusta redistribución da riqueza xerada.
Fronte a isto, as CCOO cremos que cómpre outro modelo produtivo para
conseguir o emprego estable e de calidade.
Os acordos asinados polas CCOO no estado e en Galicia posibilitan reducir a
taxa de precariedade, actuar eficazmente contra a fraude e os abusos na
contratación, reforzando o control sobre o cumprimento das normas laborais,
loitando contra a sinistralidade e impulsando a contratación.

«POLA PAZ, CONTRA O TERRORISMO»
Rexeitamos calquera forma de terrorismo e estamos a favor do dereito á vida, á
paz e a liberdade

martes, abril 17, 2007

Entrada en vigor da nova normativa LOU e EBEP

O 3 de maio entrará en vigor a modificación da LOU

A LOMLOU entra en vigor 20 días despois da súa publicación no BOE, xa que ao non recollerse na lei a entrada en vigor, é de aplicación o artigo 2 do Código Civil, que establece:

1) As leis entrarán en vigor aos vinte días da súa completa publicación no «Boletín Oficial del Estado», se en elas non se dispón outra cousa.

2) As leis so se derrogan por outras posteriores. A derrogación terá o alcance que expresamente se dispoña e estenderase sempre a todo aquilo que na lei nova, sobre a mesma materia, sexa incompatible coa anterior. Pola simple derrogación dunha lei non recobran vixencia as que esta derrogase.

3) As leis non terán efecto retroactivo, se non dispoñeren o contrario.

Tamén foi publicada no BOE de 13 de abril, la Lei 7/2007 del Estatuto Básico del Empregado Público que afecta a todo o persoal das Administracións públicas.

O EBEP entrará en vigor, un mes despois da súa publicación no BOE, segundo recolle a súa disposición final cuarta: “1. El presente Estatuto entrará en vigor en el plazo de un mes a partir de su publicación en el «Boletín Oficial del Estado”.

Na ligazón (ler aquí) poden examinarse as emendas de CC.OO. incorporadas na nova lei.

Etiquetas:


lunes, abril 16, 2007

Convocatoria de 71 prazas de auxiliares administrativos

Hoxe no DOG saliu publicada a convocatoria das probas selectivas para cubrir 71 prazas na escala auxiliar da UDC. A convocatoria xa salira publicada no BOE con data 9 de abril, polo que o prazo das solicitudes remata o 30 de abril de 2007.

Enlace á convocatoria

Etiquetas:


viernes, abril 13, 2007

Publicación da modificación da LOU e o EBEP

CC.OO. informa:

No BOE de hoxe publícase a Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, de modificación da LOU, así como a Lei 7/2007, de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público, ambas de máximo interese para a comunidade universitaria.

Enlace: http://www.boe.es/g/es/boe/dias/2007/04/13/seccion1.php#00000

Etiquetas:


This page is powered by Blogger. Isn't yours?