miércoles, febrero 07, 2007

Constitución da Mesa Sectorial de Universidades

O 2 de febreiro constituíuse a Mesa Sectorial de Universidades de Galicia na que están representados a Consellería de Educación, as Universidades e os sindicatos mais representativos do sector. Con este proceso dáse cumprimento a unha reivindicación histórica das organizacións sindicais de constitución deste marco de negociación.

A composición da parte social da Mesa é 7 representantes de CIG, 4 CC.OO., 3 UGT e 1 CSIF.

Ademais de saudar a constitución da Mesa CC.OO. presentou un escrito da Secretaria Xeral da FE de CC.OO. Rosario Alonso Fernández cunha proposta de temas para elaborar un calendario de negociación que, desde o punto de vista de CC.OO. entendemos, se deben abordar coa maior premura na Mesa Sectorial de Universidades:


1-Renegociación do Decreto 55/2004 sobre complementos adicionais da Xunta de Galicia.


2-Abordar a situación dos profesores contratados LRU e colaboradores logo da modificación da LOU.


3-Negociación de Plans de xubilación para o persoal das universidades.


4-Negociación do establecido na Adicional Terceira do I Convenio Colectivo do PDI laboral do SUG respecto a elaboración dun réxime específico para o persoal investigador suxeito a programas convocados pola Xunta de Galicia.


5-Negociación dun Acordo de Formación de Acción Social para todo o persoal das universidades.


6-Apertura de negociacións de complementos autonómicos para o PAS.


7-Negociación do establecido da Adicional Primeira do I Convenio Colectivo do PDI laboral do SUG sobre a posta en marcha dos sistemas de recoñecemento dos complementos por mérito docente e de productividade investigador a aplicar a partir do 2008 para o profesorado contratado.


8-Apertura de procesos de negociación respecto a selección de persoal investigador nas convocatorias da Xunta para unha mellor transparencia así como os criterios de adxudicación de proxectos ou outras convocatorias.


Logo da sinatura de constitución da Mesa acordouse unha data para a convocatoria da vindeira Mesa na que se elaboraría unha orde do día con temas de negociación que ademais dos aportados por CC.OO. se poideran aportar por parte das organizacións sindicais quedando, por acordo de todos os presentes, para o día 26 de febreiro ás 11.30 horas na Consellería de Educación.

Etiquetas:


Comments: Publicar un comentario



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?